Imprimir

VISITA Ó CONCELLO DE ALUMNOS DO CENTRO SANTO ANXO DA GARDA DE RÁBADE


21/3/2012

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe un grupo de alumnos do Centro educativo de Santo Anxo da Garda de Rábade, que visitaron o Concello. Na visita participaron once alumnos con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos, que estiveron acompañados dos seus profesores, entre eles o que fora Concelleiro de Protección da Comunidade José Rábade.

O Alcalde explicoulles ós rapaces o funcionamento do Concello, os distintos servizos nos que se organiza a institución municipal, así como a historia da Casa Consistorial e interesouse pola súa vida académica e as súas aspiracións profesionais.