Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Trofeo El Progreso-Cidade de Lugo de deporte de Orientación celebrarase o día 31


# Xoves, 22/03/2012
Nesta edición agárdase que participen máis de 450 deportistas de Galicia e das comunidades limítrofes

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co directivo do Club Fluvial, Eugenio Rodríguez, en representación do Grupo El Progreso, Luis Barrio, así como o xefe territorial de Deportes, José Manuel Rozas, presentaron hoxe o X Trofeo Cidade de Lugo de deporte de Orientación que terá lugar o vindeiro sábado 31 de marzo.

A proba, que será puntuable para os federados e puntuable para a Liga Galega 2012, comezará as 9.00 horas nas pistas de atletismo do Campus Universitario coa distribución dos dorsais. A saída dos primeiros corredores está prevista para as 10.30 horas e a entrega de trofeos, sorteos e clausura terán lugar a partir das 13.30 horas.

O Concelleiro de Deportes salientou que “o deporte de orientación xa non é un deporte minoritario, xa que esta proba deportiva está cada vez máis consolidade e nela participarán corredores federados dos 19 clubs galegos de Deporte de Orientación, e tamén está aberta á participación de calquera persoa interesada ata o 27 de marzo”.

O responsable de deporte de orientación do Club Fluvial tamén sinalou a gran aceptación e progresión deste deporte e deste trofeo, que ano a ano se vai afianzando cun aumento do número de participantes, nesta edición agárdase que sexan máis de 450 participantes de clubs de toda a comunidade galega. A proba contempla dúas categorías, unha con licenza federativa e outra sen licenza; neste caso pódese optar pola iniciación curta (P1) ou iniciación longa (P3).

Entregarase trofeo ós tres primeiros clasificados en categorías de federados. Ademais dun lacón entre os terceiros clasificados e tamén se fará entrega de camisetas conmemorativas. Entre tódolos participantes sortearanse ó finalizar a entrega de trofeos unha estancia con circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas de Pantón, dous lacóns, dous polos do 75 aniversario do Club Fluvial de Lugo e tres bonos por 4 sesións de SPA e dous vales de 60 euros para material deportivo en Élide.

Máis información www.clubfluviallugo.com

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova