Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana celébrase a primeira Feira Medieval das Fontiñas na que participarán sesenta expositores de Galicia, Portugal e Castela


# Xoves, 22/03/2012
Francisco Fraga explica que o Concello apoia esta iniciativa da Asociación de Hostaleiros para dinamizar o barrio

Imaxe Asociada
O Mercado contará con actividades de animación, cetrería, tiro con arco e música e os establecementos de hostalería tamén revivirán o ambiente medieval

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, a Presidenta da Asociación de Hostaleiros das Fontiñas, Elena López, e o coordinador da Fragua de Vulcano, Alberto Almagro, presentaron hoxe a primeira Feira Medieval das Fontiñas, que se vai celebrar durante esta fin de semana.

O Mercado Medieval será inaugurado mañá, venres día 23, ás 11.00 horas, e rematará o domingo, día 25, ás 22.00 horas. Os visitantes poderán desfrutar dos máis de 60 postos que durante este fin de semana ofrecerán diferentes produtos e que estarán situados na mediana entre os números 60 e 140 da Avenida de Fontiñas.

Francisco Fraga salientou que “dende este Concello apoiaremos todas as feiras que se leven a cabo na zona rural e na urbana porque nos parece fundamental para dinamizar as diferentes zonas da cidade” incidindo principalmente no feiro de que “este tipo de iniciativas consegue que moitas máis persoas coñezan a zona e que se acheguen para ver a feira pero tamén aproveitan para coñecer os establecementos que están activos.” Neste sentido, o responsable da área de Servizos Xerais agradeceu a Asociación de Hostaleiros esta iniciativa que “seguro van copiar outras asociacións para dinamizar e dar a coñecer diferentes zonas da cidade”. O obxectivo dos organizadores é contribuír á dinamización da zona das Fontiñas e agardan que durante a fin de semana sexa visitada por moitos lucenses e incluso por persoas de fora.
Nesta primeira Feira Medieval está prevista a participación de 60 expositores chegados de distintos puntos de Galicia e tamén de Portugal e Castela. Ademais haberá actividades como exhibición de cetrería, música medieval, tiro con arco, representacións teatrais e obradoiros para todas as idades.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova