Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco recibiu aos asistentes do IV Congreso de Xestores Deportivos que se celebra en Lugo


# Venres, 23/03/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron a unha gran parte dos voluntarios e das persoas que van asistir ao IV Congreso Galego de Xestión Deportiva 2012 que, por primeira vez, se celebrar en Lugo.

López Orozco agradeceu que a cidade escollida para celebrar este acto sexa Lugo e incidiu na importancia social que teñen as persoas que colaboran e organizan actividades deportivas “especialmente a todos os voluntarios que fan posible que se siga mantendo o deporte de base pero tampouco nos podemos esquecer de todos os postos de traballo que xera”. O Alcalde tamén aproveitou para animar aos participantes a seguir traballando nesa rede asociativa e explicou que en Lugo preto de 10.000 nenos e nenas son os que participan nas actividades deportivas organizadas polo Concello.

Este congreso, que terá lugar no salón de actos da Deputación de Lugo e no que están confirmadas a asistencia de máis de 150 persoas, vai dirixido ao persoal con responsabilidades de direción deportiva, profesionais titulados e estudantes dos ensino de ciencias da actividade física e o deporte e, en xeral, a calquera persoa con interese no ámbito deportivo, sexa público ou privado.

Ademais, durante eses días, tamén se vai celebrar a Asamblea Xeral de AGAXEDE e a Xunta Directiva da Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España (FAGDE) na que participan todos os presidentes das asociación de xestores deportivos de toda España.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova