Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Éxito da primeira edición dos cursos Primavera Segura con máis de 80 inscritos


# Luns, 26/03/2012
Os listados poderán consultarse na web do Concello e nos taboleiros do Parque Infantil de Tráfico do Concello ou na Xefatura Provincial de Tráfico

O xefe do Parque Móbil, José Reigosa, anunciou que a primeira edición do curso de educación vial Primavera Segura foi todo un éxito xa que se presentaron 84 nenos e nenas de Lugo. Así, a finais desta semana anunciaranse os horarios e as quendas nas que se repartirán os preto do centenar de nenos e nenas.

José Reigosa salientou que “estes cursos non son substitutivos dos cursos de verán, xa que estes se realizarán en xuño, senón que son complementarios porque consideramos que a educación vial debe ser unha asignatura dende que son pequenos. “

Esta actividade, que se levará a cabo entre o 9 de abril e o 18 de maio no Parque Infantil de Tráfico, está dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos. Os cursos serán en horario de 16:30 a 19:30 horas, e cada grupo asistirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente. A inscrición é gratuíta.

Dende a Concellería de Educación, salientase que estes cursos teñen como obxectivo que os nenos e nenas adquiran condutas seguras como peón e viaxeiros e hábitos positivos como usuario dos diferentes transportes xa que consideramos que é esencial que dende pequenos se coñeza as normas de seguridade viaria. Ademais aprenderán a manexar e coñecer sinais de tráfico a través do manexo dos kart e das bicicletas.

As quendas e horarios que dos cursos son os seguintes:

Nº TURNO / DATAS / HORARIO / IDADES
1º / 9 á 13 de Abril / 16:30 á 19:30 /12 e 13 anos
2º / 16 á 20 de Abril  / 16:30 á 19:30 / 12 e 13 anos
3º / 23 á 27 de Abril / 16:30 á 19:30 / 10 e 11 anos
4º / 27 de Abril á 4 Maio / 16:30 á 19:30 / 10 e 11 anos
5º / 7 á 11 Maio / 16:30 á 19:30 / 8 e 9 anos
6º / 14 á 18 de Maio / 16:30 á 19:30 / 8 e 9 anos

P.I.T. Parque Infantil de Tráfico


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova