Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A posta en marcha da Axenda 21 continúa esta semana coa reunión das distintas mesas temáticas


# Luns, 26/03/2012
O Centro Social Maruja Mallo acollerá mañá ás oito da tarde o primeiro dos encontros sectoriais, adicado á ordenación sostible do territorio

O proceso para a posta en marcha da Axenda 21 continuará esta semana coa reunión das distintas mesas de traballo creadas dentro do Foro da Sustentabilidade. A primeira das xuntanzas terá lugar mañá e versará sobre ordenación sostible do territorio. O mércores será a adicada a servizos sociais e sanitarios.

O traballo continuará nas vindeiras semanas coa reunión das mesas temáticas de emprego e desenvolvemento económico, medio ambiente e participación cidadá e conciencia comunitaria. O lugar dos encontros será o Centro Social Maruxa Mallo. A programación é a seguinte:

- Mesa Temática de ordenación sostible do territorio 27/03/2012 20h.
- Mesa Temática de servizos sociais e sanitarios 28/03/2012 20h.
- Mesa Temática de emprego e desenvolvemento económico 10/04/2012 20h.
- Mesa Temática de medio ambiente 11/04/2012 20h.
- Mesa Temática de participación cidadá e conciencia comunitaria 16/04/2012 20h.

Estes encontros sectoriais encádranse no actual proceso de “reactivación” da Axenda 21, a principal ferramenta medioambiental e de participación cidadá coa que conta o Concello de Lugo, emprendido nas últimas semanas polo departamento de Infraestruturas e Axenda 21, que dirixe a nacionalista Paz Abraira.

A pasada semana Paz Abraira mantivo tamén encontros con membros do Eixo Atlántico para buscar a colaboración da entidade que engloba a concellos de Galiza e do Norte de Portugal e abordar outros asuntos, como o desenvolvemento de xornadas técnicas sobre medio ambiente e ecoloxía. Segundo avanzou a responsable de Infraestruturas e Axenda 21 do Concello, Lugo acollerá durante este ano diversas xornadas sobre sustentabilidade destinadas aos cidadáns nas que se promoverán prácticas como a eficiencia enerxética ou a responsabilidade medioambiental.

www.lugo.es/ws/axenda21

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova