Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco entregou aos hoteis e hostais as novas guías turísticas elaboradas polo Plan Urban


# Martes, 27/03/2012
A través deste proxecto elaboráronse 17.000 guías turísticas en español, inglés e galego que se repartirán entre os 29 establecementos que o solicitaron

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Con esta actuación o Concello pon en valor o Casco histórico para convertelo nun atractivo turístico de primeiro orde

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Tenente de Alcalde e responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, repartiron entre os representantes de diferentes hoteis e hostais da cidade, os novos planos turísticos realizados a través do proxecto Urban. Esta actuación contou cun presuposto de 2.000 euros e repartirase gratuitamente entre os 29 establecementos hoteleiros que se acolleron á actividade, dos que hoxe no acto estaban 18.

O número total de planos elaborados é de 17.000, dos que 10.000 son en español, 5.000 en inglés e 2.000 en galego, e, para poder actualizalos cada vez que se vaian executando novos proxectos no Casco Histórico, vanse facer edicións pequenas co cal os turistas disporán de información actualizada.

López Orozco destacou que “están dirixidos especialmente aos visitantes que veñen á nosa cidade e distribuiranse gratuitamente nos establecementos turísticos que se sumaron a esta iniciativa”. O Alcalde de Lugo tamén explicou que estes mapas turísticos aportan dúas novidades, por un lado a posibilidade de aumentar a información a través de vídeos cos códigos QR, e a segunda as imaxes do interior da Catedral unha vez restaurada e da piscina romana da praza de Santa María.

As guías están plantexadas como unha actuación complementaria da sinalización turística e inclúe toda a información que se recolle nos sinais. No plano reprodúcense igualmente os códigos QR que redirixen aos vídeos cos que se obtén unha maior información sobre os elementos culturais da cidade. Tamén conta cun listado co nome dos comercios nos que se distribúen embalaxes de madeira para a venda de produtos autóctonos, que é outra das actuación do Plan Urban para a dinamización do comercio.

Este proxecto complementa as actuacións do Proxecto Urban que está executando o Concello de Lugo coa cofinanciación da Unión Europea a través dos FEDER, e entre os que se levaron a cabo un plan de sinalización turística do casco histórico ofrecendo información sobre monumentos, prazas, museos, feitos históricos a través de paneis.

www.lugo.es/urban



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova