Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Fiscalía volve pedir o arquivo da denuncia contra o Alcalde de Lugo pola distribución da produtividade ó persoal do Concello ó non atopar indicios de infracción penal


# Mércores, 28/03/2012


A Fiscalía vén de solicitar, por segunda vez, o arquivo das dilixencias 583/2011 do Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo, nas que o Xulgado acusa ó Alcalde de ter cometido un delito de prevaricación na distribución dos complementos de produtividade ó persoal do Concello.

As dilixencias do Xulgado de Instrución iniciáronse pola denuncia que presentou a Asociación “Alpul” contra o Alcalde, por entender que cometera un delito de prevaricación na distribución dos complementos de produtividade.

O avogado defensor do Alcalde, Rafael Iruzubieta, pediu ó Xulgado, mediante escrito do 22 de setembro de 2011, que arquivase as dilixencias por non existir delito ningún na decisión do rexedor municipal.

A petición de arquivo das dilixencias foi apoiada polo Fiscal no seu escrito de 11 de outubro de 2011.

Sen embargo, o Xulgado desestimou o arquivo no seu auto de 2 de decembro de 2011. Contra esa decisión, o avogado do Alcalde presentou un recurso de reforma ó que se adhire agora e de novo o Fiscal Xefe que ratifica “su escrito de fecha 11 de octubre de 2011 por entender que la prueba posterior no acredita la existencia de indicios de infracción penal”.

O avogado do Alcalde, Rafael Iruzubieta, considera que “é notoriamente inxusto que o Xulgado non teña resolto aínda o recurso e manteña a imputación dunha persoa inocente”.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova