Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Últimos días para inscribirse no "Senatus Lucus Augusti", unha das novidades para o Arde Lucus 2012


# Mércores, 28/03/2012
Dende a Concellería tamén se informa que por motivos da folga xeral suspéndese a conferencia de mañá enmarcada nos actos do Día da Muller

Dende o a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, infórmase que o prazo para formar parte do senado romano remata este venres 30 de marzo.

Para esta tarefa levarase a cabo un obradoiro chamado Senatus de Lucus Augusti, cunha duración de 36 horas ás que haberá que sumar as horas de representación no Arde Lucus e que se levarán a cabo os luns e os mércores entre o 16 de abril e o 6 de xuño. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de marzo e co fin de potenciar a participación do sector masculino no Arde Lucus, e nas actividades teatrais en xeral, a actividade está dirixida a homes preferiblemente de máis de 35 anos e cun mínimo de 18 anos. Esta actividade, que se vai celebrar por primeira vez, pretende mostrar outra das facetas da vida romana como son as intrigas e os debates políticos involucrando a un sector que ten pouca presenza nas obras teatrais como son homes maiores de 30 anos.

O obradoiro, ademais dunha función teatral tamén ten a da aprendizaxe da cultura romana e preparalos non só para as representacións senón tamén para que asuman o rol ficticio de senadores durante os días 22, 23 e 24 de xuño. A matrícula tramitarase a través do 010 ou da Concellería de Xuventude, e para poder formalizala será necesario presentar a fotocopia do DNI, nas dependencias da Concellería. A matricula será gratuíta.

www.ardelucus.com


Suspensión conferencia

Dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, tamén se informa que debido á folga xeral se suspenden as conferencias que se ían celebrar mañá xoves 29 e venres 30 enmarcadas nos actos do Día Internacional da Muller.

A de mañá xoves impartida pola deputada e ex-directora xeral do Instituto de la Mujer, Laura Seara titulada “A crise da igualdade ou a igualdade en crise”, queda pendente de fixar unha nova data.

No caso da táboa redonda baixo o título “A reforma laboral e as súas consecuencias nas mulleres”, na que ían participar representantes da Asociación de Empresarias e dos sindicatos e que se celebraba o venres día 30 trasládase para o xoves 26 de abril ás 20:00 horas no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova