Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello acorda os servizos mínimos que funcionarán durante a xornada de folga xeral


# Mércores, 28/03/2012
Haberá catro liñas de buses urbanos e traballará o 12% do persoal do servizo de limpeza

O Concello de Lugo fixou os servizos mínimos que funcionarán durante a xornada de folga xeral convocada para mañá, 29 de marzo.

Na Policía Local, o servizo de Extinción de Incendios, a Estación de Tratamento de Auga Potable, o Cemiterio municipal e o Fogar do Transeúnte os servizos mínimos establecidos consisten nas quendas correspondentes. Nos Servizos Eléctricos e a Brigada de Augas os mínimos foron fixados en dous traballadores, tamén traballarán dúas persoas da quenda de mañá e unha da quenda de tarde no servizo de Conserxería e haberá un traballador no Parque Móbil e outro no de Servizo de Informática.

Tocante ós autobuses urbanos, os servizos mínimos garantirán o funcionamento de catro liñas de buses: a liña 2 Cemiterio-Albeiros, a 3 Acea de Olga-Ramil, a 14 Ronda da Muralla-Fervedoira-HULA e a 14ª Ronda da Muralla-Gándaras-HULA.

En canto ó servizo de limpeza da vía pública está previsto que funcionen o 12% dos servizos e unha brigada de emerxencia para cubrir accidentes dotada cun condutor máis dous peóns e unha cisterna cun condutor máis un peón. E na limpeza dos edificios municipais e dos colexios públicos establecéronse uns servizos mínimos consistentes nun traballador por cada centro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova