Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe realizouse a primeira entrega das embalaxes de madeira para produtos autóctonos aos comerciantes na Praza de Abastos


# Venres, 30/03/2012
López Orozco destacou que esta iniciativa do Plan Urban, cofinanciado pola Unión Europea, tivo un gran éxito o ano pasado e invitou aos comercios a unirse a ela

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A elaboración, igual que no 2011, foi encargada a Aspnais cun presuposto de 10.030 euros e que se levou a cabo no taller de madeira que teñen en marcha

O Alcalde,José López Orozco, o Tenente de Alcalde, Antón Bao, e os Concelleiros de Economía, Sonia Méndez, e Servizos Xerais, Francisco Fraga, e a Presidenta de Aspnais, Conchita Teijeiro, entregaron esta mañá a primeira quenda de embalaxes para produtos autóctonos que o Concello de Lugo vai distribuír entre os comerciantes que o solicitaron. Estes primeiros embalaxes, custeados polo Plan Urban -que cofinancia a Unión Europea a través do Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional- e feitos nos talleres de Aspnais, entregáronse na Praza de Abastos.

Este é a primeira das entregas de embalaxes para produtos autóctonos que se van realizar durante este ano 2012 a diferentes comercios. Desta maneira, hoxe repartíronse 427 embalaxes a seis comerciantes, tres da Praza e do Mercado e outros tres do Casco Histórico, que contaron cun presuposto do Plan Urban de 10.030 euros. Con esta iniciativa, que o ano pasado xa tivo un gran éxito, agárdase repartir entorno a 1.800 embalaxes de madeira durante todo o ano.

López Orozco agradeceu que a inestimable colaboración de Aspnais “que xa vedes que realizaron un embalaxe precioso e que están elaborados con esas mans primorosas de todos aqueles que están acollidos pola asociación”. O Alcalde destacou que este tipo de medidas son “un xeito de modernizar os nosos produtos, que teñen demostrada a súa calidade, e cos que intentamos que esa calidade ben envolta aumente o interese por eles” e rematou lembrando que “en Lugo temos boa calidade, bo prezo e ben envoltos.”

Desta maneira, todas as persoas que desexen mercar os produtos típicos con este tipo de embalaxe, especialmente para agasallos, poderán facelo nos locais de Arcadio Coroas, o As del Jamón e a Queixería Gerardo, situados todos na Praza e no Mercado de Abastos, ou en La Sucursal, O lar do pobo, ou Delicium Tremens, situados no Casco Histórico.

No 2011 distribuíronse un total de 1.576 embalaxes a comerciantes do Casco Histórico para a venda de produtos autóctonos cun presuposto de 9.481 euros. Nesta iniciativa participaron 10 establecementos dos que 6 eran do Mercado e da Praza de Abastos.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova