Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Campión júnior de España na modalidade de loita grecorromana visitou esta mañá o Concello


# Martes, 03/04/2012
O Alcalde destacou que se sente orgulloso dos deportistas da cidade que levan o nome de Lugo por todo o mundo

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, recibiron a visita do campión de España júnior na modalidade de loita grecorromana, Nicolás López. Este veciño de Lugo, de 16 anos, conseguiu a medalla de ouro nos XXIV Campionatos Júnior de España 2012 que se celebrou o 10 de marzo en Granada.

López Orozco destacou a elección desta actividade xa que da loita grecorromana é un deporte do que temos noticia del dende hai máis de 3.000 anos a través dos restos arqueolóxicos. Así, o Alcalde, explicou que “quero agradecerlle a Nicolás o esforzo, o traballo e a dedicación por levar o nome de Lugo por todo o mundo” e pediulle “que siga nese camiño e traballo e formación e que queremos velo pronto nos Xogos Olímpicos aínda que non sexan para os de Londres”.

O rexedor lucense tamén fixo fincapé na importancia que ten que unha persoa nova acade unhas metas deportivas “xa que serve de exemplo para moitos outros rapaces e rapazas da nosa cidade”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova