Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aprobados os derradeiros trámites das obras da praia fluvial que financia a Deputación con 500.000 euros


# Luns, 09/04/2012
A Xunta de Goberno da institución provincial acordou a modificación do proxecto de construción do pioneiro parque infantil cuberto, permitindo ó Concello de Lugo iniciar as súas obras xunto ás dos vestiarios

O Goberno Central bloquea os traballos da zona de baño, tamén adxudicados polo organismo provincial, ó non conceder o permiso imprescindible para que o municipio lugués os execute

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este luns a modificación do proxecto de construción do parque infantil cuberto, que se situará detrás do Pazo de Feiras e Exposición da capital lucense. Os cambios consisten na apertura polos laterais desta infraestrutura de 21 metros de largo por 14 metros de ancho e totalmente acristalada, sendo a primeira destas características na cidade. Trátase do derradeiro e único trámite que tiña pendente por resolver a Deputación dentro das actuacións previstas para a creación da praia fluvial de Lugo, financiada na súa totalidade polo organismo provincial con 500.000 euros.

Deste xeito, o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que o Concello de Lugo, responsable da execución das obras, pode iniciar ditos traballos, dotados de 214.975 euros, ó igual cos dos vestiarios de 36.703 euros. Na actualidade, o municipio lugués está a ultimar no contorno do Miño as actuacións de 39.440 dun pequeno parque infantil mentres está á espera de que o Goberno Central, concretamente o Ministerio de Medio Ambiente, lle conceda o permiso imprescindible para poder iniciar as da zona de baño, financiadas con 208.880 euros.

Todas estas obras enmárcanse dentro do convenio do Plan Extraordinario de Obra Pública mediante o cal a Deputación achegou ó Concello lucense 1 millón de euros para, ademais da construción da mencionada praia fluvial, a pavimentación das rúas Ronda de Fingoi, Avenida da Coruña e Paulo Fabio, traballos doutros 500.000 euros xa finalizados.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova