Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre e Ana G. Abelleira participaron na presentación dos actos do Día Internacional do Pobo Xitano


# Luns, 09/04/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
As Concelleiras acompañaron a representantes da Fundación do Secretariado Xitano e da Asociación de Integración e Promoción Xitana na presentación das actividades que se desenvolverán ao no mes de abril

As Concelleiras de Benestar Social, Carmen Basadre, e Servizos Sociais, Ana González Abelleira, acompañaron esta mañá a Irene Jimenez, da Fundación do Secretariado Xitano de Lugo e Ruth León, da Asociación de Integración e Promoción Xitana, na presentación do programa de actos previstos para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano.

Irene Jimenez explicou que este acto se celebra todos os 8 de abril para conmemorar e lembrar os xitanos e xitanas que padeceron o holocausto nazi e “aproveitar o día para reivindicar o dereito do pequeno e gran esforzo que os xitanos facemos día a día”.

Por outra parte, Ruth León, informou das actividades relacionadas como un partido de fútbol entre membros da Asociación de Integración Xitana e membros do Corpo Nacional da Policía, que se celebrará o día 19 de abril ás 19:00 horas no estadio de fútbol Luis López Gorgoso. O día 21 de abril levaranse a cabo na área recreativa de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, a Cerimonia do Río, no que ás 12.00 horas levarase a cabo unha cerimonia no río, posteriormente procederase á lectura do Manifesto e acto floral.

Ademais, dende o día 13 de abril e ata o 30 de abril, a Fundación Secretariado Xitano de Lugo organiza a exposición “Pasado, presente e futuro do pobo xitano”, que poderá visitarse no Biblioteca Provincial de Lugo.

A Concelleira de Servizos Sociais destacou que “o Concello de Lugo quere favorecer as políticas de axuda aos máis desfavorecidos xa que axudan a crear un clima de cohesión que favorece a xustiza social e que todos cheguemos a ser iguais.” González Abelleira lembrou que “aínda queda moito por facer por iso debemos ter presente que non é só un día de conmemoración senón tamén de reflexión para toda a xente que aínda teña algún prexuízo e non crea na capacidade das persoas e que as tache pola cultura ou ideoloxía.”




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova