Mañá comezan os cursos de seguridade vial no Parque Infantil de Tráfico
# Luns, 09/04/2012
O Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo inicia mañá as clases teóricas do curso de educación vial que se van impartir durante este trimestre. Os primeiros alumnos que asisten a estas clases son dos Colexio Divina Pastora, que porán en práctica todo o aprendido nas clases teóricas. En total pasarán, 12 colexios e un total de 1.050 nenos e nenas.
As clases diríxense a alumnos de 8 a 14 anos e constan dunha charla teórica de dúas horas, en días consecutivos, e de clases prácticas de tres horas de duración que se imparten na pista do PIT, na antiga Frigsa.
Coñeza o PIT
Parque Infantil de Tráfico
Compartir: