Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde intervén na Comisión do Parlamento galego que estuda como mellorar a seguridade viaria en Galicia


# Luns, 09/04/2012
López Orozco falou da experiencia de Lugo e da importancia da educación vial

O Alcalde, José López Orozco, interveu hoxe na Comisión non permanente de estudo da seguridade viaria en Galicia que foi constituída polo Parlamento Galego co obxecto de facer propostas para mellorar a seguridade viaria en Galicia e reducir a siniestralidade.

O Alcalde compareceu nesta Comisión atendendo unha invitación que lle fixo a Presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo.

Na súa intervención López Orozco, que ten baixo a súa dirección a área de Protección Cidadá, explicou a experiencia do Concello de Lugo nesta materia.

O Alcalde repasou as medidas que puxo en práctica o Concello para mellorar a seguridade viaria, como a instalación de semáforos, badenes e pasos de peóns, e tamén fixo fincapé na importancia da educación vial. Neste sentido salientou o labor de educación vial que desenvolve o Concello a través do Parque Infantil de Tráfico e tamén as charlas que imparte a Policía Local para a poboación adulta nos centros cívicos da cidade.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova