Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta débelle ao Concello de Lugo máis de 5 millóns de euros en programas de cooperación e escolas-taller


# Martes, 10/04/2012
Sonia Méndez informou que o Concello acaba de solicitar, a través do programa de cooperación 2012, 54 traballadores por importe de 1.170.000 euros para poder levar a cabo programas de interese xeral

Imaxe Asociada
Esther Muñóz salientou a necesidade de levar a cabo este tipo de programas en Lugo xa que no Lugo Emprego Activo 2 presentáronse case 1.600 persoas


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, anunciaron que o Concello de Lugo solicitou, dentro da convocatoria dos programas de cooperación para o 2012, 54 postos para persoas desempregadas para que desenvolvan cuestións de interese xeral como programas sociais adicados ás familias que máis o necesiten ou a temas de administración electrónica por un importe de 1.172.000 euros.

Sonia Méndez reclama que “o reparto de fondos se faga equitativamente e mediante criterios obxectivos como pode ser o número de parados de cada localidade, posto que este tipo de programas están destinados a dar unha experiencia laboral a persoas en situación de desemprego.”

A responsable da área económica explicou que “non só o IGVS ten unha débeda importante co Concello senón tamén a Consellería de Traballo, que nos debe máis de 5 millóns de euros en programas de emprego, especialmente nos programas de cooperación e nas escolas-taller.” Así, nos anos 2009 e 2010 o Concello de Lugo recibiu un 84% menos do que lle correspondería en estes programas de emprego que, segundo Sonia Méndez, “é por un motivo político e clientelar como o confirman os datos publicados no DOG no que se aparece que a cada desempregado do noso Concello a Xunta dedicoulle 26 euros e, sen embargo, nun concello gobernado polo PP como Quiroga a dedicación foi de 2.125 euros.” Deste xeito, o Concello de Lugo no ano 2010 con máis de 9.000 desempregados recibiu 260.000 euros dos plans de cooperación e, sen embargo, o Concello de Quiroga con 300 parados recibiu 780.000 euros, “unha clara discriminación ás persoas de Lugo que non teñen traballo e o que supón un reparto clientelar dos fondos” incidiu Méndez.

Pola súa parte, Esther Muñóz, salientou a necesidade de que a Xunta faga un reparto dos fondos segundo a poboación desempregada e non segundo os intereses políticos xa que “ o Concello de Lugo ven desempeñando dende hai tempo, a pesares de que non ten competencias sobre elo, o fomento da formación e da creación de emprego na nosa cidade”. Así explicou que, grazas ao programa europeo Lugo Emprego Activo, púidose levar a cabo un estudo dos posibles nichos de emprego que hai na cidade e, desta maneira, poder dar unha mellor formación e ofrecer as ferramentas necesarias para que os desempregados de Lugo poidan acceder a un emprego con esta formación.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, destacou que “un exemplo claro da necesidade deste tipo de programas na cidade é que para a primeira fase do Lugo Emprego Activo 2 no que se ofertaban 105 prazas de formación presentáronse case 1.600 solicitudes, desbordándose as previsións que había feitas”.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova