Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco fixo entrega dos diplomas do curso de Primeiros Auxilios impartido pola Cruz Roja


# Mércores, 11/04/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, fixeron entrega dos diplomas do Curso de Primeiros Auxilios na Casa da Xuventude e que foi impartido por docentes da Cruz Roja.

O curso, cunha duración total de 40 horas, 30 presenciais e 10 horas de traballo e visionado de imaxes, impartiuse na Casa da Xuventude as fins de semana do 10, 11, 17 e 18 de marzo. No mesmo participaron un total de 25 mozos e mozas lucenses con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.

A titulación obtida, Diploma no curso de socorrismo e primeiros auxilios, está expedida por CRUZ ROJA ESPAÑOLA, e homologado como curso de interese sanitario.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova