Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibiu a documentación final do laboratorio iCOR "Ensanche da Ramella" elaborado polo Colexio de Arquitectos


# Xoves, 12/04/2012
A iniciativa enmárcase nun convenio de colaboración que manteñen o Concello e o Colexio de Arquitectos e conta con financiamento do Plan Urban

Imaxe Asociada

O Alcalde agradeceu ao Colexio e aos dez arquitectos lucenses que se formaron con este convenio as novas ideas no uso da cor nun espazo urbano


O Alcalde, José López Orozco, e o Presidente do Colexio de Arquitectos de Lugo, Raúl Veiga, xunto coa a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participaron na presentación e entrega o traballo final do Laboratorio iCOR “Ensanche da Ramella”, organizado polo Concello de Lugo a través do Plan Urban, que está financiado con fondos da Unión Europea.

O Laboratorio “Ensanche da Ramella” enmárcase no convenio que manteñen as dúas institución, un acordo que xa se materializou na celebración do Seminario Internacional Cor e Cidade. O fin deste laboratorio é a formación de dez arquitectos, que remataron recentemente a súa carreira, na elaboración de plans de cor. Traballaron durante os meses de decembro, xaneiro e febreiro, para elaborar un traballo consistente no establecemento dun código cromático e a súa aplicación, para a posta en valor da arquitectura prerracionalista e racionalista no Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo.

López Orozco destacou que “este estudo pode mellorar moito a imaxe de Lugo, xa que polas condicións meteorolóxicas e dos materiais que se empregan para a construción é unha cidade cun toque agrisado polo que este estudo sobre a cor vai mellorar moito a imaxe de Lugo”.

O traballo práctico que se fixo foi unha proposta de cor para pintura dos recebos, carpintarías e ferraxarías dos edificios. O Concello a partir deste estudo e coas variacións que considere oportunas, poderá aprobar unha ordenanza de cor para recebos e carpintarías deste sector engadindo, a xeito de proposta para os propietarios, unha definición das cores das ferraxarías. O Concello achegou un máximo de 18.000 euros para financiar esta actuación que ten un presuposto total de 30.009,52 euros.

O ámbito de traballo correspóndese co que se podería chamar ensanche interior do século XX de Lugo proxectado por Luis Vázquez (1878), Cobreros (1892) e Juan de Mendoza (1903). Dende o punto de vista arquitectónico considérase bastante homoxéneo e, por último, é unha parte da cidade que merece ser recuperada e avaliada (rúa Quiroga Ballesteros no seu treito entre a praza de abastos e a rúa Bolaño Ribadeneira) e un pouco apartada ou esquecida (tramo oeste da rúa Amor Meilán).

Por estes motivos considérase que este ámbito ofrece importantes posibilidades para a potenciación ambiental dunha parte do casco histórico que merece ser vista dende a perspectiva do ensanche da cidade na primeira metade do século XX.

O Laboratorio formativo práctico experiencial foi organizado pola Comisión de Cultura da Delegación do COAG en Lugo. A arquitecta Ángeles Castro Dapena é a Coordinadora xeral do Laboratorio, no que participan como coordinadores/profesores tres arquitectos, unha doutora en Socioloxía e outra en Belas Artes.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova