Imprimir

O ALCALDE RECIBIU HOXE A UN GRUPO DE 27 ESTUDANTES FRANCESES QUE SE ATOPAN DE VISITA EN LUGO


12/4/2012

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe a un grupo de 27 escolares procedentes de Francia que efectuaron unha visita á Casa do Concello, ós que lles explicou o funcionamento do Concello e interesouse pola súa vida académica no país galo. Con estes alumnos, que están de intercambio co instituto Virxe dos Ollos Grandes, conversou en francés e animounos a aprender o español.