Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo celébrase a quinta carreira do XII Circuíto Larsa Corre con Nós


# Venres, 13/04/2012


Este próximo domingo 15 de Abril terá lugar unha nova proba, que xa é a quinta, correspondente ao XII Circuíto Larsa Corre con Nós, que discorrerá polas inmediacións do Centro Comercial As Termas, un dos colaboradores deste circuíto.

A organización comezará a instalar a súa infraestrutura durante a mañá do domingo para abrir a recollida de dorsais e chips en horario de 11:00 a 11:30, media hora antes do comezo da primeira carreira que terá o seguinte orden e horarios aproximados, lembrando que ata que non finalice una categoría non saen as seguintes:

12:00 categoría Mini: 300 mt con 291 atletas inscritos
12:10 categoría A : 517 mt 451 atletas inscritos
12:20 categoría B: 1752 mt 348 atletas inscritos
12:30 categoría C-D: 2670 mt 272 atletas inscritos

O punto común de comezo e finalización das carreiras estará situado no aparcamento superior do centro comercial .

A carreira absoluta que ata hoxe ten unha inscrición de 1779 persoas para o circuíto, a pesares das previsión meteoroloxía e a competencia con outras carreiras que se disputan ao mesmo tempo noutros lugares de Galicia.

A distancia que cubrirán os maiores é de 5.657 metros por un trazado que mestura asfalto e terra con dúas voltas a un percorrido atractivo e coñecido polos corredores que xa teñen participado na mesma proba en anos anteriores como poden ser os campións da edición do 2011 que en categoría masculina foi Nicolás Arrojo Fernández e en feminina María Abel Dieguez.

Como todas as probas deste circuíto, os atletas máis pequenos teñen trofeos para o primeiro de cada categoría e medalla para os segundos e terceiros. No caso dos adultos acumulan puntuación para a súa clasificación final do circuíto, sendo a última carreira do 17 de xuño cando se celebra a entrega de trofeos para as categorías maiores.

Máis información e plano do circuíto en deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova