Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Preséntase o I Concurso de Debuxos para o Plan de Infancia no que poderán participar os nenos e nenas das ociotecas


# Luns, 16/04/2012
O Pleno acordou a presentación da candidatura da cidade na “V Convocatoria de Recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia” promovido por UNICEF

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o primeiro Concurso de Debuxo para o Plan de Infancia. O participantes serán os nenos e nenas que acoden as ociotecas municipais que terán de prazo ata o 23 de abril para entregar os seus traballos. A finalidade deste certame é que os propios nenos e nenas poidan aportar as súas ideas ao Plan de Infancia a través dos debuxos e escoller a portada de dito traballo.

Ana González Abelleira explicou que este concurso ten como obxectivo “que os propios nenos e nenas estuden e coñezan cales son os seus dereitos e os materialicen a través dos seus debuxos para que logo formen parte do Plan Integral da Infancia, co que facilitamos que se introduzan na vida social, política e cultural da cidade.”

Un dos obxectivos do plan é o de fomentar e impulsar a participación da infancia en todos os ámbitos mediante o deseño de novos instrumentos e mecanismos de participación. O Concello de Lugo, consciente de que a infancia ten dereito a asumir un papel activo e protagonista no seu entorno, e que se lles debe ofrecer a oportunidade de participar na cidade da que forman parte, instalou buzóns de infancia en todas as ociotecas municipais coa finalidade de coñecer a opinión e as suxestións dos menores en relación coa nosa cidade. Todas as suxestións están recollidas na páxina web do concello dentro do perfil cidadá de infancia.

A maiores, o Concello puxo en funcionamento un buzón da infancia on-line a través da páxina web municipal para poder coñecer non só, a opinión dos nenos e nenas que acoden ás ociotecas, senón para coñecer a opinión de calquera neno, nena ou adolescente que queira facer chegar as súas propostas ou opinións o goberno municipal. Neste foro pódese falar sobre todo o que ten que ver coa cidade e coa infancia: infraestruturas, educación, sanidade, seguridade, protección, ocio e lecer. Todas as opinións serán valoradas e trasladadas ás persoas responsables de cada área municipal segundo os casos. O que se trata de facer con esta acción é deseñar unha cidade amiga dos nenos e nenas onde a súa opinión sexa tida en conta para introducir cambios e melloras na nosa cidade.

Neste sentido, o Pleno do Concello de Lugo, o pasado luns 9 de abril, acordou a presentación da candidatura da nosa cidade na “V Convocatoria de Recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia” programa promovido por UNICEF. A través deste programa preténdese impulsar e promover a aplicación da Convención de Dereitos dos Nenos no ámbito dos gobernos locais.

Un dos requisitos esixidos para a obter a consideración de cidade amiga da infancia para os municipios que sexan capitais de provincia é o de ter aprobado un Plan de Infancia. O Concello de Lugo, coa finalidade de cumprir con este requisito, aprobou en abril do ano pasado o “I PLAN INTEGRAL MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA” (anos 2011-2015) e que a día de hoxe está en execución.

Coñece o buzón on-line e as ociotecas no perfil da infancia.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova