Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco participou no obradoiro A maxia da robótica que se celebra no CEI-Nodus e que reúne a preto de 600 escolares


# Martes, 17/04/2012
O Alcalde destacou a importancia de seguir investindo en educación xa que “é o único que nos pode sacar da crise económica”

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, acompañados por Manuel Díaz Regueiro, Presidente de IGACIENCIA, e de María José Mariño, Directora de Investigación da Fundación Barrié, visitaron o obradoiro A maxia da robótica que se desenvolve estes días no CEI-Nodus e que está organizada pola Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA).

Esta actividade, que se celebra entre os días 16 e o 20 de abril en horario de mañá e de tarde, está composta por varios obradoiros dirixidos a estudantes de Educación Secundaria e aos do Terceiro Ciclo de Primaria dos centros educativos de Galicia. Os alumnos terán a oportunidade de manipular e programar diferentes robots ata acadar unha serie de puntos. O obxectivo deste obradoiro é achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro.

O Alcalde de Lugo, salientou que “o presente e o futuro están nas novas tecnoloxías polo que é fundamental que dende pequenos nos familiaricemos con este mundo, ademais que proporciona uns coñecementos interesantes para os propios alumnos.” Neste sentido tamén explicou que “é fundamental que non se deixe de prestar diñeiro á educación porque só podemos saír da crise unicamente cun apoio claro e decidido á educación”. López Orozco tamén se cuestionou o recorte do Goberno en materia de educativa e sanitaria xa que “non comprendo o que se pretende facer porque son os elementos básicos do desenvolvemento dunha sociedade.”

Así, de maneira sinxela e divertida o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Nos obradoiros, os rapaces e rapazas deberán elaborar diferentes proxectos entre eles a dun robot móbil cun kit de LEGO. Con esta actividade, cada grupo de alumnos, poderán conseguir unha cantidade diferente de puntos cos que poderán optar aos premios do IV Concurso Galego de Robótica 2012.

O sábado 21 de abril farase entrega dos premios aos equipos gañadores que sairán entre os máis de 600 alumnos que pasarán por estes talleres e que pertencen a 20 centros educativos de toda Galicia.

CEI-Nodus cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova