Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pechou 2011 con case 6 millóns de euros de superávit e non necesitará pedir ningún préstamo para financiar os investimentos


# Martes, 17/04/2012


Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía destaca que, mentres outras administracións esfórzanse en diminuír o seu déficit, o Concello de Lugo acabou o ano con saldo positivo grazas a unha xestión eficaz dos recursos

Sonia Méndez critica que o Goberno supla as transferencias ós concellos aumentando a presión fiscal ós cidadáns coa suba do 10% do IBI




A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, informou hoxe de que o Concello de Lugo pechou o exercicio de 2011 con 5.800.000 euros de superávit e salientou que esto “significa que un ano máis atinamos na previsión de ingresos e axustamos os gastos ás previsións orzamentarias”.

“Cando tantas administracións o están a pasar mal e fan esforzos para baixar o déficit, o Concello de Lugo disfruta de superávit”, destacou a Concelleira de Economía. Para Sonia Méndez, “esto quere dicir que a xestión económica está a ser adecuada, esto non é mérito da Concellería de Economía, senón de todo o Equipo de Goberno que xestiona os limitados recursos dos que dispoñemos con eficacia e eficiencia”.

Méndez tamén explicou que o resultado positivo co que se pechou o exercicio de 2011 permítelle ó Concello dispor “dun remanente de tesourería de 12 millóns de euros e, por este motivo, este ano non acudiremos á operación de crédito prevista nos Orzamentos, senón que utilizaremos 5 millóns de euros para financiar os investimentos e aínda nos quedarán outros 7 millóns de euros como colchón para atender calquera imprevisto que puidera xurdir”.

O feito de non ter que acudir á vía do préstamo para financiar os investimentos terá, segundo explicou a Concelleira de Economía, unha serie de efectos positivos para as arcas do Concello consistentes “nunha redución importante da débeda viva, a diminución das cargas financeiras como son os xuros e as amortizacións, se incrementará o aforro neto e tamén mellorará a situación financeira presente e para o futuro deste Concello”.

A Concelleira de Economía anunciou que o vindeiro luns terá lugar un pleno extraordinario para dar conta da liquidación do Orzamento de 2011 e para propoñer a aprobación dunha modificación presupostaria consistente en non ter que acudir á operación de endebedamento que estaba prevista nos orzamentos municipais deste ano e que se poida financiar o gasto vinculado ó crédito cos remanentes de tesourería que son froito da liquidación orzamentaria positiva do ano pasado.

Imposto de Bens Inmobles
  
Por outra parte, a Concelleira de Economía anunciou que o vindeiro venres poñerase ó cobro o Imposto de Bens Inmobles. A recadación prevista é de máis de 20 millóns de euros, medra 2,8 millóns que é un 16% máis que o ano pasado, por mor da suba no número de recibos e polo incremento do 10% que obriga a aplicar o Goberno ós concellos.

Méndez volveu rexeitar esta obriga imposta polo Goberno e explicou que "Rajoy elixiu que sexan os cidadáns quen lle paguen ós concellos o que o Goberno non quere pagar en transferencias". Ademais Méndez preguntouse cómo lle vai facer fronte a Xunta ó incremento que suporá na débeda que ten contraida co Concello o IGVS polo impago do IBI nos últimos anos.

A Concelleira de Economía anunciou que entre os días 20 de abril e 20 de xuño estará aberto o período de pago voluntario do Imposto de Bens Inmobles, agás para os contribuíntes que domiciliaran este recibo, que poderán pagalo fraccionado os días 5 de xuño e 5 de setembro. Este ano poñeranse ó cobro 86.598 recibos, 880 máis que no ano 2011.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova