Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco e Basadre visitaron aos alumnos do curso de panadería e bollería do +XTI


# Mércores, 18/04/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, visitaron aos alumnos do Curso de Panadería-Bollería que o Concello puxo en marcha dentro das actividades de +XTI Formación.

Está orientado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos xa que moitos deixan de estudar e esta é unha boa forma de complementar os coñecementos o que axuda moito á hora de atopar traballo. Os cursos están orientados a cubrir unha demanda de persoal cualificado que a Asociación de Panadeiros que deu a coñecer.

Esta actividade que conta cun total de 170 horas, 120 teóricas e 50 prácticas, vaise desenvolver de luns a venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 09:30 a 13:30 horas. O número de prazas é de 15 persoas que poderán aprender o oficio de panadeiros e pasteleiros entre o 12 de marzo e o 14 de maio. As prácticas realizaranse en diferentes establecementos da cidade en colaboración coa Asociación de Panadeiros de Lugo. Ademais tamén se concede o título de manipulador de alimentos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova