Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco visitou o horto escolar do CEIP Illa Verde que cultivan os nenos e nenas de educación infantil


# Xoves, 19/04/2012
Esta iniciativa lévase a cabo en 12 colexios da cidade e nas catro escolas infantís municipais

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixeron esta mañá unha visita ao horto escolar do CEIP Illa Verde, que forma parte da rede de hortos escolares que fomenta o Concello de Lugo.

López Orozco salientou que nesta visita “puiden comprobar como os nenos e nenas, sendo da zona urbana, coñecen ás plantas e como hai que coidar á terra. Esta é unha experiencia marabillosa”. Tampouco se esqueceu de “agradecer o traballo que se está a facer por parte do profesorado para que este tipo de iniciativa non morra e que saiban que os Concellos sempre os van apoiar”.

O programa de “hortas na escola” comezou a realizarse durante o curso 2001-02, como programa experimental, levándose a cabo en catro centros educativos do Concello. Neste momento, trátase dunha actividade completamente asentada en 12 centros de educativos e nas 4 escolas municipais do noso Concello.

O obxectivo é achegar aos nenos e nenas de educación infantil ao contorno natural, formando parte dos ciclos naturais e intervindo nos mesmos de xeito directo e activo, é o principal obxectivo do horto escolar. Esta actividade é unha experiencia na que se pode participar en calquera etapa da vida, pero é nas primeiras etapas educativas, onde a estimulación e o desenvolvemento dos sentidos é máis importante. Por este motivo, esta actividade supón un recurso educativo de grande interese, xa que permite, que nenos e nenas de curta idade, poidan vivir, experimentar e gozar do traballo no contorno natural, intervindo nel, dun xeito consciente e responsable.

O programa iníciase en xaneiro e remata en xuño ca recollida dos cultivos. As actividades estarán organizadas tendo en conta os ciclos da natureza, elixindo aqueles cultivos máis apropiados para cada época e coa fin de que tódolos cultivos se recollan no mes de xuño. Ademais intercalaranse obradoiros para a transformación dos produtos do horto e outros de consumo cotiá máis elaborados (obradoiro de cociña, repostería, colonias, sales de baño, velas,..)

Esta experiencia foi recoñecida e incluída pola Asociación Internacional de Cidades Educadoras dentro do seu Banco Internacional de Documentos de Cidades Educadoras, recoñecemento a nivel internacional á Lugo como Cidade Educadora e que permite a difusión da experiencia mencionada como programa innovador que serve de punto de referencia para outras cidades.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova