Imprimir

O SÁBADO DISPUTARASE O XXXV MEMORIAL GREGORIO PÉREZ RIVERA DE ATLETISMO


20/4/2012 A proba, que dará comezo ás 16.00 horas, conta con máis de 300 atletas inscritos

Mañá sábado, día 21 de abril, celebrarase o XXXV Memorial Gregorio Pérez Rivera de Atletismo. A actividade está organizada pola Delegación Lucense da Federación Galega de Atletismo, e conta coa colaboración do Concello de Lugo. A proba, que se disputará nas pistas de atletismo municipais Gregorio Pérez Rivera, estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega.

O comezo da proba será ás 16.00 horas e prolongarase ata as 18.30 horas. Esta proba, reservada a atletas federados, conta ata o de agora con máis de 300 atletas inscritos, destacando a presenza do subcampión de España de lanzamento de xabalina, o lucense Xosé Manuel Vila.