Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI-Nodus acollerá un curso de redes sociais para xornalistas organizado pola Asociación de Prensa de Lugo


# Venres, 20/04/2012
Sonia Méndez e Sabela Corbelle tamén presentaron a IV Edición do Concurso Eu tamén son Xornalista

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Presidenta da Asociación de Prensa de Lugo, Sabela Corbelle, presentaron o curso Redes Sociais para Xornalistas que se vai celebrar nas dependencias do CEI-Nodus.

Sonia Méndez destacou que “se trata dunha colaboración moi interesante que se realiza a través do CEI-Nodus, un centro que focaliza a súa actividade nos emprendedores pero tamén está para apoiar aos profesionais que teñen unha andadura.” Tamén salientou que, o Concello de Lugo, é consciente da importancia das redes sociais “non só para un uso de ocio senón porque constitúe unha ferramenta de traballo”. A Concelleira de Economía incidiu en que as redes sociais poden ser un novo nicho de emprego para profesionais da prensa que se atopen buscando un emprego.

Pola súa parte, Sabela Corbelle, explicou que “é un curso totalmente gratuíto e que solicitamos dende a Asociación porque estamos vendo como, cada vez máis, as redes sociais se están convertendo en fontes de información”. Neste sentido tamén fixo referencia á situación de crise actual e a necesidade de formarse en materia dixital para non quedarse estancados.

O curso divídese en dous días, o 28 de abril e o 12 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 no que se falará das redes sociais, os blogs , exemplos a seguir e creación dun Plan Social Media. Os interesados poderán apuntarse e obter máis información na web infoarrobacei.lugo.es .

IV Edición Concurso Eu tamén son xornalista
No acto tamén presentaron a IV Edición do Concurso “Eu tamén son xornalista”, un concurso aberto a todos os alumnos de Educación Primaria de toda a provincia de Lugo, e co que se pretende que se familiaricen co traballo xornalístico.

Vai haber catro categorías, a da mellor portada de xornal, mellor xornalista de televisión, mellor xornalista radiofónico e mellor fotonoticia. Os traballos terán que presentarse en galego. O prazo para entregar os traballo remata o 25 de maio e poderase facer en man (no Centro de Prensa de Lugo, Rúa Nova 19) ou a través de correo ordinario.

cei.lugo.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova