Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre avanzou varias das actividades que se van celebrar previo ao Arde Lucus e dentro do programa Lucus Cultural


# Luns, 23/04/2012
A Concelleira salientou que este ano se van celebrar en 4 barrios da cidade diferentes actividades, obradoiros e conferencias para involucrar a todos os veciños e veciñas de Lugo

Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, anunciou hoxe algunhas das actividades que se van celebrar dentro do programa Lucus Cultural como entrada á celebración do Arde Lucus 2012 e que presenta varias novidades.

Neste sentido, explicou que nas primeiras semanas de xuño vanse celebrar diferentes xornadas e un desfile romano. Así, do 8 ao 22 de xuño todos os lucenses e visitantes poderán desfrutar das Xornadas Gastronómicas Ars Magirica nas que se inscribiron 51 establecementos da cidade e que ofrecerán, ademais de tapas, menús degustación baseados na oferta culinaria romana. Tamén entre o 16 e o 22 de xuño se celebrará unhas Xornadas de Degustación de Pan Romano, que se encargarán de elaborar diferentes panaderías da cidade. O día 16 de xuño realizarase un desfile de moda romana na Praza Maior e no que participarán destacados deseñadores lucenses, perruqueiros e tendas de artesanía.

Carmen Basadre anunciou que, como novidade, este ano se van a levar a cabo en diferentes barrios da cidade actividades para involucrar a todos os veciños e veciñas nunha festa implica a toda a cidade. Así, o 26 de maio haberá actividades, conferencias e obradoiros entre as 17:00 e as 20:00 horas na Praza do Castiñeiro. Na praza de Augas Férreas levaranse a cabo obradoiros de sandalias castrexas e romanas, de barro ou de acuñación de moedas e tiro con onda e loita con espadas, o día 2 de xuño. Tamén os veciños da Milagrosa poderán desfrutar das actividades e dunha conferencia o día 8 de xuño. Finalmente, o 9 de xuño, os obradoiros e actos serán no barrio das Fontiñas.

A Concelleira de Xuventude, destacou que ademais de actividades tamén se manteñen as visitas do Lucus Cultural e que terán como máximo 25 prazas para cada unha delas e que se celebrarán da seguinte maneira:

- O día 2 de xuño, visita guiada ás Termas romanas, ás 12:00 horas. O punto de encontro será a entrada do Balneario de Lugo.

- O día 9 de xuño, visita guiada ao Lugo romano dende as 11:00 horas. Un circuíto que sairá de diante da Casa do Concello.

- O día 16 de xuño, celebrarase ás 12:00 horas unha visita guiada á Domus do Mitreo. O punto de encontro será no edificio do Vicerreitorado.


www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova