Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal 010 xa dispón de perfil en diferentes redes sociais para facilitar a información aos cidadáns


# Luns, 23/04/2012
Os internautas poderán enterarse de todas as actividades do Concello a través dos perfiles creados en Facebook, Twitter e Youtube

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Francisco Fraga tamén salientou que o teléfono do 010 leva atendido, dende a súa creación, máis de 450.000 chamadas


O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, presentou esta mañá os diferentes perfís que o Servizo Municipal do 010 creou nas diferentes redes sociais. Desta maneira, amplíanse as vías de comunicación do Concello de Lugo coa cidadanía.

Francisco Fraga deixou claro que “estas nova aposta, propiciará unha maior difusión da actividade do 010 entre os veciños e veciñas, que poderán facer un seguimento da actualidade xerada por este servizo sen necesidade de ter que realizar unha consulta telefónica, dunha forma máis cómoda e sinxela”. Tampouco se esqueceu de que “se trata dunha vantaxe para a propia administración porque axilizamos a comunicación cos usuarios dun servizo que, deste maneira, será máis eficaz ademais de ofrecer unha imaxe máis transparente e participativa”.

Con este posicionamento nas redes, o Servizo de Información Municipal do 010 convértese nun servizo máis moderno e áxil que amplía as canles que emprega para relacionarse coa cidadanía (teléfono, mail....) a través dos seus perfís en Faceboock (http://www.facebook.com/010lugo ), Twitter (http://twitter.com/#!/010lugo ) e YouTube (http://www.youtube.com/010lugo ). A través do cal se informará sobre as actividades, actos e programación das diversas concellerías, os eventos que teñan lugar na cidade, ou os trámites do Concello.

Balance 010
Ademais, Francisco Fraga, fixo un balance do servizo do 010 no que vai do ano 2012 no que xa se atenderon 18.481 chamadas das que se resolveron o 97% das mesmas. Dende que entrou en funcionamento, en marzo de 2005, atendeu a máis de 458.407 chamadas que se realizaron maioritariamente en horario, un 75%, entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Trátase dun servizo de atención telefónica que achega a administración aos cidadáns en horario de luns a venres de 08:30 a 20:30 e os sábados de 09:00 a 14:00, e que atende unha media diaria de 300 chamadas aproximadamente. Os meses de maior volume de chamadas son o meses de xuño e outubro con motivo da celebración do Arde Lucus, e do San Froilán chegando as 620 chamadas diarias.

Dende o último ano levouse a cabo a implantación dun novo servizo contestador fora do horario habitual do 010, que obtivo boa aceptación por parte da cidadanía xa que recibiron resposta ás 180 mensaxes que foron atendidas.

Así mesmo, merece unha mención especial o Servizo de Mensaxería que ven realizando o Concello dende os seus inicios ofrecendo información municipal a través de mensaxes de texto nos teléfonos móbiles e que na actualidade conta con 1850 persoas inscritas. Así mesmo o servizo de información 010 ofrece servizo para que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas coa administración. As persoas que o desexen poden solicitar dito servizo mandando un SMS ao número 639 107 010, ben vía e-mail a dirección silse010arrobaconcellodelugo.org ou cubrindo o formulario da paxina web www.lugo.es (buzón de consultas para persoas xordas, Agora o 010 máis accesible).

www.lugo.es/ws/010

 

 

AGORA O 010 NAS REDES SOCIAIS

Síganos en: Facebook Twitter YouTube
  Facebook Twitter Youtube

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova