Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Dez equipos da provincia compiten por representar a Lugo no concurso "Xogamos por Europa"


# Martes, 24/04/2012
Hoxe dispútase a semifinal e o venres será elixido o equipo que participará na final en Madrid

Alumnos de dez institutos da provincia aspiran a representar a Lugo no concurso “Xogamos por Europa”. Este xogo, que foi premiado o ano pasado pola representación da Comisión Europea en España como mellor material informativo Europe Direct, foi desenvolvido polos seis centros que hai en España da rede Europe Direct. O Concello de Lugo forma parte desta rede xunto coa Comunidade de Madrid, o Goberno de Cantabria, o Concello de Segovia, a Cámara de Comercio de Oviedo e un grupo de Concellos de Asturias.

A representación da Comisión Europea en España reproduciu o xogo para distribuílo a escala nacional a todos os centros da rede e promoveu a organización dun concurso entre institutos de todos os centros dos territorios que traballaron no desenvolvemento do xogo.

Hoxe dispútase a semifinal provincial deste xogo nas dependencias do Espazo Lab situadas no Centro de Empresas e Innovación. Dos dez equipos participantes sairán os cinco finalistas que volverán competir o vindeiro venres, día 27, para escoller ó equipo gañador que será quen represente a Lugo na final de Madrid, onde se poderán desprazar os tres membros do equipo, os seus profesores e dez alumnos/as da súa clase.

cei.lugo.es     www.lugo.es/espazolab     www.lugo.es/europedirect

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova