Imprimir

"A REFORMA LABORAL E AS SÚAS CONSECUENCIAS NAS MULLERES" A DEBATE NA MESA REDONDA QUE SE VAI CELEBRAR MAÑÁ


25/4/2012

Dende a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, infórmase que mañá se vai celebrar unha Mesa Redonda titulada “A reforma laboral e as súas consecuencias nas mulleres”, enmarcada dentro das actividades do Día Internacional da Muller.

Ao acto, que se vai celebrar ás 20:00 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, van participar Esther Valcarcel Morla, en representación da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, Sonia Fernández Patiño, de UXT-Galicia, Mercedes Mourenza Fernández, en representación da CIG, e Mar Fernández López, en representación de CC.OO. No acto abordarán o novo espazo laboral e en que medidas condicionan o desenvolvemento laboral feminino.