Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco recibiu a alumnos de formación profesional de Cidade Real que veñen facer prácticas a empresas de Lugo a través do CIFP Politécnico


# Venres, 27/04/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun grupo de alumnos de Formación Profesional do Concello de Tomelloso, Cidade Real, que están estes días en Lugo por motivo de estudos. Desta maneira, 10 estudantes de Formación Profesional do IES García Pavón de Tomelloso, a través dun dos proxectos gañadores da convocatoria Proxectos de Innovación, do Ministerio de Educación para o curso 2011/2012, e baixo a tutela do CIFP Politécnico de Lugo, realizará durante un mes prácticas en empresas da cidade. O proxecto ten o título de "Hacía un desenvolvemento máis eficaz das competencias profesionais: experiencia de mobilidade e innovación no ámbito inter autonómico", no que participan varios institutos de diferentes comunidades autónomas.

López Orozo deulles a benvida e explicoulles a historia da Casa Consistorial ademais salientou que “en Lugo seguimos medrando e aínda que agora sexa unha situación complicada, nós non lles temos medo ao futuro porque temos xente moi ben preparada, temos boas comunicacións, temos solo industrial e 1 viveiro de empresas que funciona moi ben”. Tamén invitou aos alumnos a quedarse na cidade e “se traen proxectos empresariais aínda mellor”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova