Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos do Anxel Fole representarán a Lugo na final do concurso "Xogamos por Europa" que terá lugar en Madrid no mes de xuño


# Venres, 27/04/2012
O Alcalde instou ós estudantes a ser conscientes de que Europa é o noso espazo vital

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Os estudantes do Anxel Fole competirán con estudantes de Cantabria, Asturias, Madrid e Segovia

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, visitaron hoxe ós estudantes que participaron na final provincial do concurso “Xogamos por Europa”

O Alcalde díxolles ós estudantes que “a pesar das dificultades que estamos vivindo, Europa é o espazo xeográfico no que desenvolvemos a nosa vida e, sen perder cada un de nós a nosa propia identidade, temos que traballar na construción da Europa en paz, de entendemento e de respecto que naceu trala Segunda Guerra Mundial”.

Na final, que se disputou na sala multiusos do Centro de información europea do Concello de Lugo, Europe Direct-Lugo, participaron cinco equipos, dous deles pertencentes ó instituto Anxel Fole, outros dous de San Xillao, e un do Muruais da Pontenova.

O equipo gañador foi o equipo B do Anxel Fole composto por Irene Basanta Pin, Erik Barrio Lozamo e Cinthia López Novo, que serán quen represente a Lugo na final do xogo que terá lugar en Madrid no mes de xuño. Alí competirán con equipos de Cantabria, Asturias, Madrid e Segovia.

Os tres membros do equipo que representará a Lugo na última fase desta competición viaxarán a Madrid acompañados polos seus profesores e por dez alumnos/as da súa clase.

O certame está dotado con tres galardóns consistentes en bonos para material escolar por un valor de 2.000 euros, no caso do primeiro premio; de 1.500 euros para o segundo e de 1.000 euros, o terceiro. Ademais haberá premios para cada membro dos cinco equipos finalistas consistentes nunha tableta para os tres membros do equipo gañador e un reprodutor MP4 para os doce concursantes da final.

Os cinco finalistas de Lugo tamén recibirán un recoñecemento durante un acto que terá lugar no Concello o día 9 de maio, cadrando coa celebración do Día de Europa.

O xogo “Xogamos por Europa” foi premiado pola Representación da Comisión Europea en España como mellor material informativo Europe Direct 2011. No desenvolvemento deste xogo participaron seis centros da rede Europe Direct: Comunidade de Madrid, Goberno de Cantabria, Concello de Segovia, Cámara de Comercio de Oviedo, Concellos de Asturias e Concello de Lugo.

A representación da Comisión en España reproduciu o xogo para distribuílo a escala nacional e foi quen propuxo a organización deste concurso entre institutos dos territorios dos seis centros premiados polo deseño deste material didáctico e informativo.

www.lugo.es/europedirect

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova