Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao presentou, coa Asociación de Ximnasios de Lugo, a campaña Exercita a túa Lingua


# Venres, 27/04/2012
Segundo o presidente da Asociación Provincial de Ximnasios “exercitando a nosa lingua podemos exercitar a saúde”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A campaña chegará a máis de 5.000 usuarios dos ximnasios situados no concello de Lugo.

A concellería de Promoción da Lingua do Concello de Lugo estableceu, segundo anunciou o Tenente-alcalde, un acordo de colaboración coa Asociación Provincial de Ximnasios de Lugo para a promoción da lingua galega. Esta campaña, que levará o nome de Exercita a túa Lingua, chegará a máis de 5.000 usuarios dos ximnasios do concello de Lugo, aproximadamente 4.000 adultos e uns 1.000 nenos e nenas. Segundo Antón Bao “grazas a este convenio preténdese fomentar os bos hábitos físicos, para mellorar a saúde, e os bos hábitos lingüísticos usando a lingua galega”.

Pola súa banda o presidente da Asociación Provincial de Ximnasios, Xosé Manuel Gómez Suárez, manifestou o seu compromiso “para exercitar a lingua nas actividades cotiás que se levan a cabo nos propios ximnasios” e sinalou que “nos ximnasios traballamos para coidar a saúde da xente e o exercitando a nosa lingua podemos exercitar a saúde”. Antón Bao destacou ”o interese e a colaboración dos 9 ximnasios de Lugo que van a participar xa que supón crear un vínculo de colaboración importante para promover o uso da lingua a través da actividade física”.

Antón Bao destacou que a posta en marcha deste tipo de convenios “era un dos obxectivos que se marcaba o plan de xeral normalización aprobado polo goberno galego no ano 2004 e que nun dos apartados, adicados ao deporte, fixaba como unha das prioridades chegar a unha colaboración cos ximnasios para a promoción da lingua”.

Un dos obxectivos deste convenio establecido entre a Asociación Provincial de Ximnasios e a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua é fomentar, dende os propios ximnasios, valores do noso patrimonio cultural inmaterial. Para isto un total de 22 monitores, pertencentes á Asociación Provincial de Ximnasios de Lugo acudiron, a 2 cursiños nos que adquiriron coñecementos sobre os xogos populares e bailes tradicionais. Segundo Xosé Manuel Gómez Suárez “é unha formación importante para os nosos monitores xa que lles permitirá aplicar na súa actividade diaria elementos da nosa cultura”. Os cursiños, nos que ser formaron os monitores, foron impartidos pola Tradescola e por Xotramu.

Concursos e agasallos
A través da campaña Exercita a túa Lingua haberá un concurso para a elaboración de un encrucillado para adultos e unha sopa de letras para nenos e nenas. Os participantes entrarán no sorteo de diversos premios como bonos gratuítos de uso dos ximnasios participantes durante 6 meses. Tamén se sorteará unha bicicleta entre os nenos e nenas participantes.

A campaña comezará a partir do día 7 e toda xente que queira participar no concurso de encrucillado e sopa de letras poderá facelo. O encrucillado e a sopa de letras foron elaborados polo escritor e académico da lingua Darío Xohan Cabana que é funcionario da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova