Cargando....
Concello de Lugo
06/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo esixirá que se manteñan os prazos de execución das obras do plan Paradai


# Mércores, 02/05/2012
Paz Abraira lamentou a “ausencia” de Jaime Castiñeiras na “foto” da xuntanza entre os veciños de Paradai e Conselleiro de Infraestruturas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Luis Álvarez fixo un resumo dos asuntos máis destacados da Xunta de Goberno


O Concello de Lugo esixe que se manteñan os prazos das obras do Plan Paradai, segundo puxo de manifesto hoxe o Goberno local na rolda de prensa na que compareceron Luis Álvarez e Paz Abraira para informar dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local.

Así, a edil nacionalista Paz Abraira referiuse a xuntanza que recentemente mantivo o Conselleiro de Infraestruturas de Xunta de Galicia cos veciños da Plataforma en Defensa da Zona Norte na que se lles comunicou que non están dispostos a cumprir os prazos previstos para o Plan Paradai. Paz Abraira lamentou “que a Xunta insista en non rematar as obras nos prazos previstos e acordados”.

A Concelleira de Infraestruturas sinalou que “existe un acordo entre o Goberno municipal e a Xunta para levar a cabo esas obras” e engadiu que “teñen orzamentada unha partida determinada nos orzamentos do Goberno galego para este ano e agora din que non se van a acometer por falta de cartos”.

Paz Abraira referiuse, tamén, a actitude do voceiro do PP no Concello de Lugo “ten por costume participar en todas as xuntanzas que teñen os representantes do Goberno galego con colectivos veciñais e, casualmente, esta vez non estaba na foto”. Abraira avaliou que “Jaime Castiñeira non quere asumir ante os veciños e veciñas que concorda coa postura do PP de Santiago en non querer facer as obras comprometidas do Plan Paradai”.


Acordos Xunta Goberno Local
Pola súa banda, Luis Álvarez, deu a coñecer os asuntos aprobados en Xunta de Goberno, entre os que está a execución da sentenza que estimou o recurso interposto pola Xunta de Galicia contra o acordo da Xunta de Goberno Local polo que se concedeu a licenza de obras de construción da primeira fase do edificio na prolongación da rúa Garañón-Xacobe III de Inglaterra.

Luis Álvarez explicou que “unha vez que o promotor desistiu do recurso que tiña presentado no TSXG e dado que o Concello non a recurrira, a sentenza faise firme, polo que a Xunta de Goberno Local acorda a súa execución que supón retrotraer o procedemento de concesión de licenza ao momento de solicitar o informe da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo.” Neste sentido, tamén deixou claro que “somos escrupulosos no cumprimento do que nos ordena a Xustiza polo que damos cumprimento da sentenza aínda que o Concello segue mantendo a liña de actuación porque considera que o procedemento seguido para outorgar esas licenzas foi o correcto” e salientou que “deixemos de especular porque non podemos adiantar cal vai a ser a conclusión dese proceso, nin pola resolución xudicial nin do resultado da negociación que o promotor quere manter con nós”.

Neste sentido, Paz Abraira, recriminoulle ao voceiro da oposición que “se erixa en defensor dos intereses do promotor, atrevéndose a facer valoracións sobre o que o Concello de Lugo lle terá que pagar”. Segundo Paz Abraira “somentes o Sr. Castiñeira se atreve a falar sobre algo que non está en ningún sitio e que ninguén sabe neste momento”.

O Concelleiro de Urbanismo tamén informou da denegación de licenza para a instalación de dúas antenas de telefonía móbil ao incumprir normativas do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior do recinto amurallado e ao carecer de memoria urbanística xustificativa do cumprimento. Na Xunta de Goberno Local tamén acordou a imposición da cuarta multa coercitiva aos propietarios do inmoble número 42 da Rúa Xulia Minguillón, ao incumprir un acordo anterior e non acometer as obras de rehabilitación requiridas e a contratación das actividades que desenvolve o servizo de drogodependencias do Concello para o exercicio 2012 e incluídas dentro da programación de animación sociocultural. A duración do contrato será ata o 31 de agosto de 2012 sen posibilidade de prórroga e cun prezo máximo de contrato de 52.892, IVE incluído. Os licitadores deberán incluír na súa oferta o custo unitario da hora de prestación do servizo, así o prezo por hora máximo será de 12,58 euros (IVE incluído) para monitor de tempo libre e de 16,16 euros (IVE incluído) para o de titulado grao medio. Están incluídas as actividades do programa Sábados +XTI, Formación +XTI, Minorías +XTI, e Punto Xuvenil.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova