Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco inaugurou a exposición "40 anos de Acción Humanitaria Independente" de Médicos Sen Fronteiras


# Xoves, 03/05/2012
Poderase visitar ata o 20 de maio, durante todo o día, na Casa da Xuventude

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Delegada de Médicos Sen Fronteiras para a zona noroeste, María Díaz, inauguraron a exposición “40 anos de Acción Humanitaria Independente” que se poderá visitar ata o 20 de maio na Casa da Xuventude.

A exposición, composta por 30 imaxes de diferentes épocas, repasa a historia da organización médico-humanitaria así como os principios que guiaron o seu traballo durante as últimas décadas. Médicos Sen Fronteiras, formada por médicos e xornalistas, defende unha acción médica independente de intereses políticos ou económicos, e acude alí onde as poboacións vítimas de situacións de emerxencia o requiran.

Na presentación, López Orozco, explicou que “estamos ante unha exposición de esperanza xa que nestes tempos tan complicados ver que hai xente que traballa pola saúde dos demais, é unha ledicia e unha esperanza” especialmente “se temos en conta que en moitos países que nós chamamos civilizados se está desmantelando o dereito que temos á saúde”.

A Delegada de Médicos Sen Fronteiras, lembrou que con esta exposición se fai un repaso á historia e aos principios que guían o traballo da organización. “Médicos sen Fronteiras apoiase en dous piares moi fortes, a asistencia médica e dar testemuña das necesidades e dos dereitos que moitas veces son violados nos lugares onde nós traballamos” segundo subliñou María Díaz, ademais “queremos que todo o mundo vexa que, aínda que pasaron moitos anos dende a nosa creación, temos pouco que celebrar porque as situación de emerxencia seguen a producirse.”


Casa da Xuventude
Enderezo: Rúa Xesús Bal e Gay, s/n

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova