Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao presentou a actividade do Auditorio Gustavo Freire para o mes de maio


# Venres, 04/05/2012
Maxia, Teatro, Música e Danza completarán unha programación “accesible e dirixida a todos os públicos” segundo sinalou o Tenente-alcalde

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Este sábado, 5 de maio, celebrarase unha xornada de homenaxe ao Zeca Afonso no Salón de actos do IES Virxe dos Ollos Grandes

O Tenente-alcalde do concello de Lugo presentou esta mañá as actividades que se celebrarán no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Serán un total de 17 días con actividade “accesible e dirixida a todos os públicos” segundo indicou Antón Bao. Durante todo o mes están programadas actividades de maxia, teatro, danza, e música. Bao destacou, tamén a utilización desta instalación para a celebracións de actividades benéficas, por parte de entidades asociativas lucenses, como a que protagonizará o vindeiro día 11 a Sociedade Protectora de Animais de Lugo.

As actividades deste mes de maio comezan coas galas de Lugomáxico 2012 que se celebran hoxe venres e mañá sábado, día 5 de maio. Antón Bao anunciou a representación, no Auditorio, da obra de teatro Citizen o sábado 12. Esta obra da compañía Chévere foi valorada pola prensa especializada como un dos mellores espectáculos do ano e acadou un total de 5 premios María Casares. Outro dos eventos a destacar, pola súa singularidade, é unha representación teatral para bebés, da obra Zapatos, a cargo da compañía Caramuxo. Esta representación farase en dous pases, ás 17:00 e ás 18:00 horas, e cun límite de aforo de cen persoas en cada unha das representacións. Bao sinalou tamén, como importante, a representación dun clásico da literatura galega como é Memorias dun Neno Labrego o 26 de maio a cargo de Cándido Pazó.

Homenaxe ao Zeca Afonso
Antón Bao lembrou, tamén, a celebración dunha Homenaxe ao Zeca Afonso no Instituto Virxe dos Ollos Grandes este sábado 5 de maio. Unha acto promovido polo departamento de Portugués do IES Virxe dos Ollos Grandes e no que colabora a Área de Cultura do Concello de Lugo. Este acto constará dunha táboa redonda ás 17:30 cunha palestra de Paulo Esperança, que leva como título ‘O Triângulo Mágico do Zeca: África, Portugal, Galiza’. Seguidamente, ás 19:30 terá lugar un concerto-espectáculo do grupo de de Canto de Intervenção do Núcleo Norte da AJA. Todas estas actividades son de acceso libre e gratuítas.

Pode descargar o programa con todas as actividades previstas:
 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova