Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Medio Ambiente informou da solicitude de varias axudas que permitirán mellorar o aforro de auga industrial


# Venres, 04/05/2012


Imaxe Asociada
González Dopeso dixo que se vai a solicitar a axuda da Xunta para ampliar a rede de auga reutilizada no polígono do Ceao

A segunda delas será unha encomenda de xestión á Deputación para a elaboración dun estudo sobre a capacidade de producir enerxía de Lugo


O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, informou de solicitude de varias axudas para mellorar a capacidade de aforro de auga e a posible produción de enerxía cos propios medios do Concello.

A primeira das axudas, é unha subvención da Consellería de Economía e Industria, para ampliar e redistribuír a rede de auga reutilizada do parque empresarial do Ceao para que se asemelle ao que xa se realizou nas Gándaras. González Dopeso salientou que “cremos que sería unha iniciativa moi beneficiosa para os empresarios do Ceao ao poder subministrarlle un auga reutilizada mais barata que a auga potable axudando a que os custes de produción fosen máis baixos”. Esta axuda divídese en dúas fases a primeira delas é para coñecer que Concellos estarían interesados en solicitala e, xa nunha segunda fase, entregarase o proxecto coa evaluación monetaria do proxecto.

O Concelleiro de Medio Ambiente, manifestou que “agardamos que nos concedan esta subvención xa que con ela desenvolveríamos máis a rede de auga reutilizada e sería un beneficio económico e un beneficio ecolóxico que permitirá aforrar grandes cantidades de auga”.

Produción de enerxía
No ámbito de eficiencia enerxética, o responsable da área de Medio Ambiente, informou que o luns irá ao Pleno a solicitude dunha encomenda de xestión á Deputación de Lugo para que faga un estudo da potencialidade que ten a rede de auga de Lugo para xerar enerxía eléctrica. A través deste estudo poderase coñecer a capacidade de produción e o custo ademais de saber “se a nosa rede de auga sería capaz de xerar enerxía eléctrica tanto dende Penarrubia como dende outros sitios e ver tamén se cando se devolve a auga ao río dende a EDAR, é capaz de mover unha turbina e producir enerxía” segundo explico González Dopeso.

Débedas da Xunta con patrimonio de Lugo
Lino González tamén aproveito para lembrar que a Xunta ten varias débedas co patrimonio de Lugo, “só hai que ver como está o Cuartel de San Fernando, o solar da Tinería e a Fonte da Pinguela, e, menos no primeiro dos casos, o resto non supón unha gran modificación nos presupostos da Xunta”. Así, manifestou que “non podemos consentir que os turistas veñan visitar a cidade e se atopen durante anos e anos coa mesma estampa na Tinería e na Fonte da Pinguela”. Neste sentido, tamén felicitou á Xunta por “limpar as herbas da Muralla despois de moitos anos solicitando que o fixeran”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova