Imprimir

PUBLÍCASE NO BOP O NOMEAMENTO DE MANUEL MÉNDEZ NOVO COMO XEFE DA POLICÍA LOCAL


7/5/2012 O acto de toma de posesión terá lugar o próximo xoves 10 de maio

Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia o nomeamento do Xefe do corpo da Policía Local de Lugo, Manuel Méndez Novo, que tomará posesión nun acto que se celebrará este xoves 10 de maio. O nomeamento fíxose polo sistema de libre designación, de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, previa convocatoria pública na que podían participar funcionarios de carreira que teñan a máxima categoría no cadro de persoal do corpo de Policía Local de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, salientou que “esta será unha nova etapa cunha Policía Local encabezada por un home con experiencia, que coñece a cidade e o propio corpo de Policía”.