Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asistiu á presentación do videoclip "Lávate as mans" elaborado polo colexio Galén


# Luns, 07/05/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, asistiron esta mañá a presentación do videoclip Lávate as mans realizado por alumnos do centro educativo Galén, que se desenvolveu nos Multicines Centro e no que tamén estiveron presentes o Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, a Directora Xeral do SERGAS, Purificación Seijas; o xerente de Abrigueiro Estudios, Arturo Vaquero; o Director do Galén, Raúl Pérez, así como o profesorado e os alumnos do centro educativo.

O videoclip realizouse con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, que se celebra todos os 5 de maio. Tanto a idea, como a música son orixinais e partiron dos alumnos de 3º da ESO. Transformouse en realidade grazas á colaboración da Fundación TIC, encargada da gravación e posprodución de imaxes, e de Abrigueiro Estudios, onde se rexistraron a música e voces dos alumnos que acompañan ó videoclip. O spot gravouse integramente nas instalacións do Galén. Nel participaron todos os alumnos do centro educativo, dende Educación Infantil e ata 2º de Bacharelato.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova