Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello rexeita o retraso do Plan Paradai


# Luns, 07/05/2012
A Pleno municipal acordou hoxe, coa abstención do PP, reclamarlle á Xunta que execute as obras pendentes nos prazos previstos

O Pleno do Concello reclama á Xunta o cumprimento dos prazos previstos para a execución das obras do Plan Paradai. A Corporación aprobou hoxe, coa abstención do Partido Popular, unha proposición do Goberno local pola que se acorda instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a cumprir cos compromisos adquiridos na última addenda do Convenio de Paradai. O acordo tamén inclúe a petición de que se incorporen os veciños á Comisión de seguimento do Convenio.

A proposición aprobada polo Pleno explica que “a actitude amosada pola Xunta de Galicia na súa proposta de retraso inxustificado das obras remitida ó Concello nas últimas semanas demostra a falta de compromiso desa administración con Lugo e, concretamente neste caso, cos veciños e veciñas da zona norte que ven, unha vez máis incumpridas as súas expectativas”. E engade que “cando dicimos retrasos inxustificados dicímolo non só polo tempo transcorrido sen executar as obras, senón tamén porque os orzamentos da xunta de Galicia recollían capacidade económica suficiente para levar a cabo estes proxectos”.

No Pleno, que foi seguido por numerosos veciños, falou José Manuel Carballo en representación da Plataforma pola Defensa da Zona Norte, constituída por máis de 20 colectivos veciñais. Os veciños reclamaron que se liciten neste ano as obras Ponte Paradai-Serra de Meira, no 2013 as dos accesos á Estación por Duquesa de Lugo e Praza de Conde Fontao e no ano 2014 o desenvolvemento completo do proxecto para Calzada das Gándaras.
 
A Corporación municipal tamén aprobou inicialmente e por unanimidade a Ordenanza reguladora do uso do galego na administración municipal de Lugo. Ademais aprobouse a encomenda de xestión á Deputación provincial do proxecto de aproveitamento das enerxías renovables relacionadas co ciclo da auga e dúas solicitudes de subvencións á Consellería de Economía e Industria para a dotación do servizo de abastecemento de auga rexenerada para usos industriais no polígono do Ceao e para rexeneración de pavimento na vía de acceso ó mesmo polígono dende a Rolda Norte. 
 
Tamén se acordou, co voto en contra do PP, solicitar a derrogación do Real Decreto Lei de medidas urxentes para garantira sostibilidade do Sistema nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. A proposta fora presentada polo grupo socialista.  



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova