Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Durante o mes de maio celébranse obradoiros para conmemorar o Día de Europa nos colexios de primaria do Concello de Lugo


# Martes, 08/05/2012
O encargado de impartir estas actividades é o Espazo>Lab que ten entre outros obxectivos a divulgación e o coñecemento da Unión Europea entre os estudantes

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixo unha visita ao CEIP Rosalía de Castro, onde hoxe se desenvolven os obradoiros do Día de Europa, que organiza o Espazo>Lab. Con motivo desta celebración, que terá lugar o 9 de maio, dende o Concello, programáronse unha serie de talleres nos centros educativos de primaria de Lugo. Neles levaranse a cabo actividades que permitirán aos escolares coñecer aspectos importantes da Unión Europea e os países que a integran ademais de aprender a apreciar a importancia de pertencer a ela.

Os talleres, que xirarán en torno á realización dun trivial europeo, test de xogos con bandeiras, coñecemento de monumentos e países, do euro e un concurso de debuxo, levarase a cabo durante todo o mes de maio nos diferentes colexios. Os nenos e nenas participantes son de sexto de Primaria e pertencen a 15 colexios diferentes.

A Concelleira de Educación, destacou que “é moi importante que os nenos e nenas coñezan o que significa ser membros da Unión Europea, que coñezan os diferentes países, a historia, as linguas e todas as posibilidades que ofrece a nivel laboral e de estudos”.

Día de Europa
Mañá mércores 9 de maio celébrase no Concello de Lugo o Día de Europa, unha conmemoración do nacemento da Unión Europea. Os actos comezarán as 11:30 coa entrega dos premios aos finalistas do concurso Xogamos por Europa, e posteriormente haberá unha lectura do manifesto e o izado de bandeira.

www.lugo.es/europedirect    www.lugo.es/espazolab

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova