Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presentou a programación das actividades do +Xti que se levarán a cabo todos os sábados ata setembro


# Xoves, 10/05/2012
Os interesados poderán inscribirse na Casa da Xuventude ou solicitar información no 982 297 444

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Xuventude tamén destacou que aínda non ten coñecemento do convenio co Xunta en materia de prevención de drogodependencias

O Concello de Lugo continúa coas actividades de prevención de drogodependencias entre a mocidade lucense a través dunha nova campaña baixo o nome de Sábados +XTI. Esta iniciativa foi presentada esta mañá pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, que explicou que “se trata de cubrir as necesidades que teñen os rapaces e rapazas en materia de ocio e tempo libre”.

A Concelleira indicou que “o obxectivo é evitar prácticas pouco saudables, así como a iniciación no consumo de alcol e tabaco promovendo actividades saudables e lúdicas que resulten atractivas para a mocidade nun espazo no que socializarse e no que non se asocie o uso das drogas coa diversión”.

Entre as actividades destaca a iniciación á hípica, adestramento de cans, competicións deportivas, ocio á beira do Miño, paintball ou exhibicións de BMX. Todas elas terá lugar os sábados entre as 09:30 e as 22:30 horas en diferentes puntos da cidade, como poden ser na Casa da Xuventude, na zona verde do río Miño, ou no Club Equus.

Para inscribirse nas diferentes actividades, deberán visitar a Casa da Xuventude (982 297 444). Aqueles mozos e mozas, de entre 9 a 30 anos, que estean interesados nalgunha das actividades deberán ter en conta que o 16 de maio remata o prazo para o curso de Iniciación á Hípica, o 25 para o curso Adestra o teu can, e o 29 de maio para apuntarse ao Paintball.

Convenio Xunta
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, tamén fixo referencia ao descoñecemento que ten o Concello sobre o convenio anual que se asina coa Xunta de Galicia en materia de prevención de drogodepencia. Neste sentido salientou que “todos os anos a estas alturas xa tiñamos asinados o convenio e xa coñecíamos o presuposto do mesmo, pero este ano aínda non se fixo nada, só agardo que non decidan suprimilo” e incidiu en que “nós consideramos que a mellor maneira de solucionar os problemas é coa prevención xa que podemos chegar a máis xente informala antes de que sexan adicto a sustancias que non son saudables”.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova