Imprimir

NENOS E NENAS DE ALEMAÑA VISITARON ESTA MAÑÁ A CASA DO CONCELLO


10/5/2012

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun grupo de 14 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intercambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que estarán pola nosa cidade ata o próximo martes día 15.

López Orozco explicoulles brevemente o funcionamento do Concello e da cidade de Lugo e lembrou que “onte foi o Día de Europa que pouco a pouco imos construíndo entre todos un espazo de paz e xustiza”. Neste sentido, tamén falou da importancia que estes intercambios de alumnos a nivel europeo teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respectarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas”.

Os alumnos alemáns agasallaron ao Alcalde cun libro da historia da cidade de Leipzig e produtos típicos da mesma. Pola contra, o Concello de Lugo, entregoulles unha peza de cerámica que representa á Muralla.