Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello súmase á celebración do Día mundial da Fibromialxia


# Venres, 11/05/2012
O Alcalde presidiu a letura do manifesto, que estivo a cargo da Concelleira de Benestar e no que as asociacións reclaman unha sanidade xusta e piden máis comprensión para os doentes de fibromialxia

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, presidiu este venres o acto central do Día mundial da fibromialxia, que se celebrou diante do Concello. A conmemoración do Día muncial da fibromialxia foi organizado polas asociacións Alufi e Adafi para chamar a atención da sociedade sobre a incomprensión que sofren as persoas afectadas por esta enfermidade.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, foi a encargada de ler o manifesto conmemorativo que reclama unha sanidade xusta e equitativa e denuncia as ameazas ó Estado do Benestar.

O manifesto destaca que “un ano máis non poderemos soplar as velas da celebración porque sabemos que, para moitas persoas, aínda non existimos” polo que “comprometémonos a manter prendida a vela da solidariedade ata acadar a normalización desta enfermidade”.

Tamén reclama para os doentes de fibromialxia “unha maior comprensión familiar, profesional, institucional e social” e indica que aínda siguen vixentes as reclamacións que fixeron no manifesto do 2011, entre elas garantir o acceso universal ó sistema público Sanitario e Social; a calidade e a equidade do sistema en todas as Comunidades Autónomas, mediante protocolos únicos de diagnóstico, tratamento e prevención, criterios de avaliación de discapacidades e incapacidade, medidas de inserción laboral e dereitos a prestacións sociais; garantir o principio de corresponsabilidade na planificación das políticas sanitarias e sociais e garantir a investigación co obxectivo de descubrir a orixe, mellorar os tratamentos e previr as enfermidades.

Por todo elo, dí o manifesto “queremos recoñecer os logros acadados e denunciar as desigualdades e inxustizas que perduran, solidarizámonos con todas as persoas enfermas nesta época de crise que ameaza gravemente os piares do Estado do Benestar e reclamamos unha Sanidade xusta e equitativa para todas e todos”.

Por último, o texto dí que “mantemos prendida a vela da solidariedade para lembrar a obscenidade que representa crear ou manter situacións de exclusión cando a persoa é máis vulnerable: cando perde a súa saúde, non sabe se a poderá recuperar algún día e aféctalle de xeito persoal, familiar e económicamente de maneira tan importante como o estudo epidemiolóxico (EPIFFAC) demostra”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova