Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco asiste á presentación da colección Monasterios y Conventos de Hércules Ediciones


# Venres, 11/05/2012
 

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá á presentación de Monasterios y Conventos, unha colección da editorial Hércules de Ediciones, que recolle en imaxes e gráficos a historia dos mosteiros existentes en Galicia. No acto tamén participaron Francisco Rodriguez Iglesias, presidente de Hércules de Ediciones, Alfonso Carrasco Rouco, Obispo de Lugo e José Miguel Andrade Cernadas, profesor titular de Historia Medieval da Universidade de Santiago e autor da obra.

A colección dedicada a Galicia está composta de 12 volúmenes dos que hoxe se presentaron 6 deles nos que se detallan pormenorizadamente os mosteiros situados en cada municipio, aludindo a súa orixe histórica, descibindo a construción e recomendando algúns dos lugares que visitar próximos a súa ubicación. O testimonio gráfico que recolle esta obra pretende contribuir a evitar que sigan desaparecendo e deteriorándose os vestixios da cultura galega.

O municipio de Lugo está representado neste traballo polos antigos cenobios de San Francisco, Santo Domingo, Santa María A Nova ou San Miguel de Bacurín.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova