Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu a visita dunha representación da Asociación Senior de Telefónica que hoxe reúne a preto de 400 persoas en Lugo


# Venres, 11/05/2012
 

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu ao Presidente da Asociación Senior de Telefónica de Lugo, José Luis Rodríguez Álvarez, e a unha representacion dos membros da Asociación Senior de Telefónica (Astelu), que durante o día de hoxe manterán unha reunión na cidade de Lugo.

López Orozco agradeceu que escolleran a cidade de Lugo para manter a ruenión anual na que participan tantas persoas do noroeste da península. No mesmo sentido, explicou que “son un exemplo para as persoas máis novas e demostrades que hai que aprender a vivir cada momento en relación coas condicións físicas e psíquicas nas que cada un se atope.” O Alcalde de Lugo animounos a seguir con ese tipo de actividades e invitounos a “volver a Lugo na próxima reunión”.

Nesta visita á cidade reuníronse preto de 400 persoas, todas prexubilados ou xubilados de Telefónica, chegados de todos os puntos do noroeste peninsular. Así, hai representación de Asturias, Cantabria, Castela e León ou Madrid. Durante a mañá de hoxe visitaron a cidade de Lugo en grupos de 30 ou 40 persoas e acudiron a unha misa na catedral oficiada polo bispo, Alfonso Carrasco Rouco e posteriormente acudiron a un xantar na Palloza.

Ademais das actividades lúdicas, a asociación Astelu tamén ten, entre os seus obxectivos, a defensa dos dereitos dos ex traballadores de Telefónica que optaron pola prexubilación.  


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova