Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Abriuse a convocatoria de axudas para as comisións de festas patronais no Concello de Lugo


# Venres, 11/05/2012
Pódense consultar as bases no BOP de Lugo de data 10 de maio de 2012

Imaxe Asociada
O prazo de presentación das solicitudes para o LumeNovo remata o 21 de xuño, e o das festas patronais o 3 de outubro


A Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, que dirixe o nacionalista Antón Bao, anuncia a convocatoria da concesión de subvencións para a celebración de festas ou outros actos tradicionais (lume novo) nas parroquias, barrios ou núcleos poboacionais do municipio durante o ano 2012. As bases publicáronse no BOP de Lugo nº 107 de data 10 de maio de 2012 e pódense consultar no seguinte enlace:

www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_6596_1.pdf

Estas bases teñen como finalidade a regulamentación xeral da concesión de subvencións ou axudas económicas para a celebración das festas patronais e actos tradicionais (Lume Novo) nas parroquias e barrios ou núcleos poboacionais do municipio de Lugo. Os beneficiarios serán todas parroquias, barrios ou núcleos poboacionais do concello de Lugo que promovan festas patronais e Lume Novo.

A cantidade total establecida para a actividade de Lume Novo é de 8.500 euros, que se repartirá por igual entre todas as solicitudes presentadas. Só se concederá unha axuda por parroquia, barrio ou núcleo poboacional, no caso de haber máis dunha solicitude, terase en conta a de máis representatividade e tradición histórica.

Respecto ás festas patronais, a contía máxima por parroquia, barrio ou núcleo poboacional para festas patronais ou similares de marcado interese cultural ou social será de 600 €. O número máximo de beneficiarios e beneficiarias non poderá ser superior a 70, no caso de que o número de solicitudes sexa superior, repartirase a cantidade total destinada proporcionalmente entre todas as solicitudes presentadas. Concederase unha axuda por parroquia, barrio ou núcleo poboacional. No caso de que houbese máis dunha solicitude, terase en conta a de máis representatividade e tradición histórica.

As solicitudes, en modelo oficial, presentaranse no Rexistro Xeral municipal de entrada de documentos do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos por lei. Os prazos están abertos ao longo destes períodos:

- dende o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia ata o 21 de xuño de 2012 para a celebración do LUME NOVO,
- dende o 11 de maio ata o 3 de outubro de 2012 para as FESTAS PATRONAIS.

Poderán solicitar estas subvencións as persoas que representan as correspondentes parroquias (pedáneos), comisións de festas, asociacións culturais ou de veciños e veciñas, ou calquera persoa que xustifique a súa vinculación coa parroquia, barrio, núcleo poboacional e a súa implicación coa organización dos actos. As persoas interesadas en acollerse a esta convocatoria de subvencións deberán formalizar as correspondentes solicitudes segundo se recollen nas bases.

Solicitude no apartado Tramita na túa casa (Sede Electrónica)


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova