Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugura o XXII Congreso da Sociedade Galega de Uroloxía


# Venres, 11/05/2012


Imaxe Asociada
No Gran Hotel de Lugo, o Alcalde, José López Orozco, inaugurou o XXII Congreso da Sociedade Galega de Uroloxía, que se desenvolverá entre hoxe 11 e mañá 12 de maio. Na inauguración tamén participaron Dra. Estrella López –Pardo Pardo do Departamento de Ánalise e Avaliación Asistencial de Atención ó Paciente, Juan Mata Varela, Presidente da Sociedade Galega de Uroloxía, e Antonio Asorey Fernández, Presidente do Congreso.

López Orozco destacou que “é moi importante todo o que nesta xuntanza se debata xa que vai a redundar e repercutir positivamente na saúde dos cidadáns”. Ademais lembrou que, nesta época de dificultades económicas, debemos “apostar pola sanidade pública, un dos pilares básicos do estado de benestar xunto coa educación” e lembrou que o Concello investiu 10 millóns de euros na creación do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Neste Congreso participan urólogos de todo Galicia, de León e Madrid, que asistirán en catro mesas redondas nas que tratarán sobre o cáncer de próstata resistente á castración, a utilidade da urodinámica, a actualización do tratamento de metástases óseas, ou a rehabilitación peneana tras as intervencións cirúrxicas. Neste sentido, tamén se expoñerán diferentes traballos desenvoltos ao longo deste ano nos hospitais galegos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova